O Goberno español reitera a proposta de subir as cotizacións para pagar as pensións

En 0,5% a partir de 2023.

 

O ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luis Escrivá. (Foto: Europa Press)
photo_camera O ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luis Escrivá (Foto: Europa Press).

A xubilación da chamada xeración dos ‘Baby boomers’, as persoas nadas entre finais dos anos 50 do século pasado até os inicios dos 70, preocupa ao Goberno español. O pasado mes de xullo o ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luis Escrivá, afirmaba que as pensións desa xeración sufrirían un "axuste moderado".

Catro meses despois, o Goberno español propón un aumento das cotizacións para nutrir o peto das pensións de cara a facer fronte a esa vaga de xubilacións. O que formula Escribá é un aumento de 0,5% a partir de 2023 e, de non abondar esta medida, non se desbota un recorte nas prestacións.

Unha suba durante 10 anos para encher ese peto, que agora mesmo ten uns 2.000 millóns de euros cando a ter case 68.000 hai unha década.

Algúns cálculos cifran que esa suba sería de entre 5 e 10 euros mensuais por persoa e cun salario medio de entre 1.000 e 1.700 euros respectivamente.

Esta proposta estaba  incluída no documento que entregou o Goberno español aos axentes sociais durante a reunión da mesa de negociación que se celebrou durante a tarde desta terza feira.

Segundo explicaron desde o Executivo estatal, o peto das pensións encheríase cunha subida de cotas de medio punto sufragado por parte de empresas e traballadores a partir do ano 2023. Ademais, prevense mecanismos adicionais no caso de que a desviación de gastos sexa maior. Esta medida aplicaríase, indican, só en caso de necesidade e de maneira temporal.

O informe O estado da pobreza na Galiza que acaba de presentar a Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social na Galiza vén confirmar as tendencias apuntadas por anteriores traballos publicados nos últimos meses. O documento sinala que “o 25,7% da poboación galega estaba en risco de pobreza e/ou exclusión social no ano 2020, o que supón un incremento de 1,4 puntos porcentuais con respecto ao ano anterior”. Na mesma liña, indica que “en termos absolutos, 694.367 galegos e galegas estaban nesta situación, 38.389 persoas máis que no ano anterior”. Ao tempo, afirma que a pobreza aumenta máis na Galiza que no conxunto do Estado español desde 2017.

A situación acada unha particular gravidade entre os pensionistas. Os datos de EAPN-Galiza destacan que “404.154 persoas, unhas 71.000 máis que o ano anterior, reciben unha pensión cuxo importe é inferior ao mínimo considerado para non ser pobre”.

Comentarios