sábado 19/09/20

O Goberno español eleva o déficit para 2020 até 1,8%

O Consello de Ministras tamén aproba subir o teito de gasto 3,8%, até os 127.609 millóns de euros.
As ministras María Jesús Montero e Nadia Calviño (Eduardo Parra / Europa Press).
As ministras María Jesús Montero e Nadia Calviño (Eduardo Parra / Europa Press).

O Consello de Ministras aprobou onte a nova senda de estabilidade orzamentaria do conxunto das administracións públicas para o período 2020-2023, que recolle uns obxectivos máis flexíbeis, ao elevar a previsión de déficit público a 1,8% do PIB este ano y estimar 1,5% en 2021; 1,2% en 2022 e 0,9% en 2023, ao tempo que estima que a débeda pública rondará 90% do PIB ao final da lexislatura. Ademais, deu  'luz verde' ao 'teito de gasto', cun alza de 3,8%, até os 127.609 millóns, como paso previo aos Orzamentos de 2020, que espera aprobar no verán.

Na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministras, a portavoz do Gobierno español e ministra de Facenda, María Jesús Montero, indicou que a nova senda proporciona un marco "moito máis realista e prudente que a vixente" do Goberno de Rajoy e permite garantir a redución do déficit e débeda pública sen danar o crecemento e a creación de emprego. Montero asegurou que se trata dunha senda "creíbel e realista" e a "garantía" de que o Estado español "segue aliñado con respecto ás regras fiscais da Unión Europea". 

Por administracións, para o Estado fixa un obxectivo de déficit de 0,5% do PIB este ano, de 0,5% o próximo, de 0,3% no 2022 e de 0,1% en 2023, polo que Montero destacou que o maior esforzo exixirase ao Estado. Para a Seguridade Social estabelécense unhas metas de déficit de 1,1% este ano, de 1,5% en 2021, de 1,2% en 2022 e de 0,9% en 2023.

No que atinxe aos territorios, o Consello de Política Fiscal e Financeira aprobou a semana pasada a relaxación dos obxectivos de déficit, estabelecendo 0,2% do PIB para este año, 0,1% en 2021 e equilibrio orzamentario desde 2022, co que se dá máis flexibilidade para o cumprimento, xa que o obxectivo previsto inicialmente polo Executivo de Sánchez era de unha décima do PIB este año e a estabilidade xa o ao que vén.

comentarios