O Goberno español aproba rescatar... Air Europa

Con 475 millóns de euros.
CREATOR: gd-jpeg v1.0 (using IJG JPEG v62), quality = 82

O Goberno español aprobou rescatar Air Europa con 475 millóns de euros. O Consello de Ministros de hoxe acordou conceder dous préstamos, un por 240 millóns de euros e outro por 235 millóns.

O período de amortización será de seis anos. Trátase de préstamos concedidos a través do fondo para apoiar a solvencia de empresas estratéxicas, dotadas con dez mil millóns de euros, e xestionadas pola Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI).

A portavoz do Goberno español, María Jesús Montero, explicou que se trata da primeira operación deste fondo e xustificou o carácter estratéxico’ da compañía aérea.

A decisión coñeceuse no meso día en que o comité de Alcoa cargou  contra o Executivo español por se desentender e deixar "en mans dos traballadores" o futuro da planta de San Cibrao e que non dea pasos cara á intervención da factoría.

O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, confesou que a "espera" dunha solución ante o peche que pretende a multinacional estadounidense está a facerse xa "bastante longa". "De momento, cos únicos que temos contacto é coa Xunta. Co Goberno estatal hai máis dun mes que prometeron unha reunión e desde entón nin collen o teléfono", afeou

Comentarios