O Goberno central encarece a factura enerxética de Galiza

O Goberno español traballa para aplicar a inicios de 2109 un paquete de medidas nas tributacións de combustíbeis, medidas que van ter efectos nomeadamente significativos entre as condutoras e condutores galegos: Galiza vai ser do territorio máis afectado por este gravame. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 310 de Sermos Galiza.

por-que-hay-tantos-atascos-en-madrid-con-lluvia-aunque-caigan-cuatro-gotas

4O verán non para de deixar sorpresas, e non precisamente agradábeis, para as galegas e galegos no que respecta ao campo relacionado coa enerxía: se hai unhas semanas era que Galiza ía ter que pagar o recibo da luz máis caro de todo o Estado embora ser excedentaria en produción e transformación, agora é que o noso país vai ser dos territorios máis afectados polos plans de tributación sobre combustíbeis que está a preparar o Goberno español e que entrarían en vigor a inicios xa de 2019.

O executivo que preside Pedro Sánchez prepara unha equiparación tributaria do diésel e a gasolina, unha aposta que argumentan e xustifican en motivos ambientais. Este proxecto suporá un incremento dos gravames e impostos sobre o diésel, que podería ver aumentar o seu prezo final á persoa consumidora en até 15 céntimos por litro. E cal é o territorio do Estado con maior parque de turismos diésel e que vai ver como esa medida do Goberno aumenta a súa factura enerxética? Galiza, onde o 66,7% do seu parque de turismos emprega este combustíbel. Só lle supera -e por pouco- Castela-León. 


Temos, pois, por volta de 990.000 vehículos na Galiza que empregan diésel. En principio, as persoas autónomas que necesiten do vehículo para o seu traballo e transportistas ficarían exentos desa suba. Mais non os 960.000 particulares, moitos dos cales tamén precisan do seu turismo como transporte para ir traballar.

[Podes ler a reportaxe íntegra no número 310 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]

Comentarios