General Dynamics manterá a tecnoloxía en Santa Bárbara se hai un proxecto alternativo para a empresa

O plantel considera que “se abre unha esperanza” e piden a Nuñez Feijóo que “se implique” ante este novo escenario

Se aparece un proxecto alternativo para a factoría de Santa Barbara da Coruña, General Dynamics está disposta a manter a tecnoloxía, cedéndoa a custo cero. Para os representantes dos traballadores, ábrese así un novo escenario que escorrenta a pantasma do peche e desemprego. De feiyo, os traballadores puxeron fin ao peche indefinido que nas instalacións da factoríamantiñan desde o pasado mes de febreiro.A empresa ampliou até 30 de xuño o prazo para presentar un proxecto alternativo e paralizou os despidos.

O voceiro do cadro de persoal, Roberto Teixido, considera que é tempo de que a Xunta se molle e achegue o seu grao de area para evitar a fin desta factoría e que ducias de persoas teñan que ir ao paro.

Teixido, aliás, empraza a Núñez Feijóo a que se implique: “Se este proxecto non vai adiante é que a Feijóo lle importan un pepino os problemas desta cidade”

Comentarios