O gasto en pensións cae por primeira vez polos efectos do coronavirus

Galiza ten as segundas pensións máis baixa en todo o Estado.

pensionistas

O gasto en pensións baixou por vez primeira como consecuencia dos efectos do coronavirus, que fixeron que nun mes o número de pensionistas se reducise no Estado en case 39.000 persoas.

A pensión media na Galiza aumentou en 2,29% en maio respecto dese mes do ano anterior, até alcanzar os 858,62 euros, aínda que se mantén como a segunda máis baixa dno Estado, só superada por Estremadura.

Segundo datos difundidos polo Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones, o número de pensionistas non sufriu variacións respecto de maio de 2019 e o día 1 deste mes de 2020 situábase en 763.470 persoas.

En concreto, 69.532 galegas percibiron unha pensión por incapacidade permanente, que, de media, ascendeu a 890,96 euros, e 478.389 xubiladas recibiron unha prestación que se situou en 976,53 euros.

Tamén 185.418 persoas percibiron unha pensión por viuvez, que, de media elevouse a 611,79 euros, e 23.526, por orfandade, que se situou en 404,5 euros de media. Así mesmo, contabilizáronse 6.605 persoas que percibiron unha prestación en favor de familiares que ascendeu a 525,23 euros.

Así, Galiza é a segunda comunidade con prestacións en favor de familiares e xubilación máis baixas (só superada por Estremadura) e a terceira no apartado de pensións por incapacidade (despois de Estremadura e Murcia). Tamén é o territorio no que se contabilizan as pensións por viuvez máis baixas do Estado.

Comentarios