Os gandeiros galegos quentan motores para retomar os protestos en outubro

Reiteran que o acordo avalado polo goberno español “non garante nada” e anuncian unha “vixiancia férrea” sobre industria e distribución.

Tractorada leite rural

Os gandeiros galegos volverán mobilizarse en outubro se desde agora até entón comproban que se manteñen os baixos prezos do leite. Este é un dos acordos atinxidos na xuntanza da Plataforma en defensa do sector lácteo galego que decorreu esta sexta feira en Compostela. Os produtores van exercer unha “vixiancia férrea” sobre industria e distribución, así como sobre primeiros compradores. “Os motores dos tractores seguen encendidos”, manifestou un representante do sector sobre a posibilidade de retomrar as tractoradas.

A maior parte dos gandeiros galegos rexeitan o acordo asinado esta semana en Madrid, unha oposición que argumentan en base a que ese documento só é unha “mera declaración de intencións” que non recolle nin prezos dignos para o leite, nin medidas sancionadporas por incumprimentos.

Comentarios