Fruga lembra á Xunta que Galiza é o único territorio no Estado onde o leite se paga por baixo dos 30 céntimos

Federación Rural Galega denuncia o constante feche de explotacións leiteiras einsta a Xunta: "“Tome a serio o sector lácteo galego”, 

sectordoleite

Federación Rural Galega lembra que nestes meses transcorridos de 2017 continúan a fechar explotacións e que o que se paga aos produtores polo leite mantense por baixo da media do Estado español.

As explotacións galegas continuaban, en maio, a recibir polo leite moito menos que a media recibida polas granxas no Estado español. Así o reflicte o último informe do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA). “As granxas galegas cobramos de media polo leite 0,299 euros litro, cando a media do estado que está en 0.312, e moi por debaixo dos prezos que cobran os gandeiros vascos 0,344 e os asturianos 0,332”.

Fruga lembra que esta situación de baixos prezos non é endémica do rural galego. Durante os anos 2006, 2007 e 2008 tivemos un prezo superior a media española”, afirma, ao tempo que engade que . Galiza é hoxe en día o único territorio no que se paga o leite por debaixo dos 30 céntimos o litro, moi por debaixo dos custos de produción.  “Estes prezos fan que o maior número de abandonos se produzan no noso país, fronte a outras comunidades, caso de Cataluña, na que aumenta o número de granxas que se adican a produción de leite”.

Para esta organización agraria, desde a chegada á Xunta de Feijóo o rural galego padece  unha política totalmente contraria aos seus intereses. “Cada vez funcionan menos a mesas negociadoras, as empresas lácteas poden facer o que realmente queiran, limitando produción ás explotacións, empregando parámetros de calidade en función os seus intereses. As empresas teñen en Galiza un lugar para comprar leite barato, sen que por parte da administración se vexa ningún tipo de intervención fronte os abusos das centrais leiteiras”. 

Comentarios