Galiza é o territorio onde máis cae o investimento do Estado nos Orzamentos 2019: 19%

Fica por baixo dos 760 millóns de euros, 180 millóns menos que no exercicio 2018. Unha baixada motivada pola caída de investimentos para as obras do AVE, próximas a finalizar.

Orzamentos congreso 2019 PGE

O investimento do Estado en Galiza contemplado nos orzamentos de 2019 sitúase en 757 millóns de euros, unha cifra sensibelmente inferior á que se contemplaba nas contas xerais de 2018 (937 millóns). Hai un recorte nos investimentos de 180 millóns de euros, o que é un descenso de 19%, o máis grande de todos os territorios do Estado.

En 2018 recibía 9,2% dos orzamentos do Estado e na proposta que a ministra de facenda, María Jesús Montero entregou esta segunda feira no Congreso, recibe 6,2%; o que supón un descenso de tres puntos de investimentos menos. Esa baixada explícase en boa medida na redución do investimento para o AVE en Galiza, un proxecto próximo a rematar. 

Canda Galiza tamén cae o investimento do Estado en territorios como Euskadi, Cantabria ou Castela-León mentres aumenta en Andalucía, Catalunya ou Valencia.

Comentarios