Galiza ten un 17% máis de desemprego que hai 12 meses

O número de persoas desempregadas baixou en xullo até 260.198, unhas nove mil menos que no mes anterior. Mais o tirón do turismo non pode ocultar que actualmente hai na Galiza un 17% máis de parad@s que hai 12 meses

Xullo e agosto son, tradicionalmente, meses en que o paro descende por mor da contratación no sector servizos (principalmente na hostalaría) para facer fronte á campaña turística. Mais esta baixada estacional de desempregad@s é, neste verán, menor que en anos anteriores. Así, aínda que en xullo descendeu en 9.000 persoas o número de parad@s respecto de xuño, esta baixada é moito menor que en veráns pasados. De feito, na Galiza hai actualmente perto dun 17% máis de persoas en paro que hai un ano.

 A nivel do estado, o paro reduciuse en máis de 27.000 persoas, dándose os maiores descensos en Andalucía e Galiza. Mais esta baixada no desemprego non ten correlación nun repunte semellante en postos de traballo: o número medio de afiliad@s á Seguridade Social aumentou no estado en menos de 5.000 persoas en xullo

Evolución

O propio goberno español afirmou que os datos de desemprego son "coherentes" coa situación que atravesa o estado. Hai uns días, o propio ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, recoñecía que as previsións que manexaban contemplaban que se pechase o ano cunha taxa de desemprego superior ao 24 por cento. Porcentaxe, por certo, que organismos como a OCDE ou FMI prevén que aumente en 2013.

Comentarios