Galiza rexistra a maior suba do IPC de Estado español

Xente camiñando_Youtube

Galiza lidera o aumenta da taxa anual dos prezos de consumo no Estado, con 1,8%, o que supón 3 décimas máis que no mes anterior, segundo datos do Instituto nacional de estatística. Os prezos sitúanse por riba da media do conxunto do Estado nunha décima e sitúan Galiza á fronte da listaxe de maiores incrementos. No Estado o IPC aumentou en 0,5% en novembro e elevou unha décima a taxa interanual, até 1,7%.

O transporte e a vivenda rexistraron as maiores subas no mes de novembro a respecto de 2016, con 4,1 e 3,1% respectivamente. A maior suba acumulada ao longo deste ano foi en vestido e calzado, con 2,7%.

En novembro subiron tamén os prezos no resto de produtos, no ensino (1%), lecer e cultura (0,9%), medicinas (0,8%), comunicacións (0,6%) e menaxe (0,2%). 

Comentarios