A Galiza rexistra a cifra máis baixa do Estado en compravenda de vivendas

As transaccións 28,7% na Galiza e seis puntos máis (34,6%) no conxunto do Estado español, que rexistra de media 1.505 operacións de compravenda por cada 100.000 habitantes fronte ás 900 en territorio galego.
A escasa oferta de vivendas pódese ver prexudicada pola falla de man de obra e os problemas de subministración de materiais. (Foto: Alberto Ortega / Europa Press)
photo_camera Na Galiza houbo 900 operacións de compravenda por cada 100.000 habitantes, a cifra máis baixa do Estado (Foto: Alberto Ortega / Europa Press).

A compravenda de vivendas disparouse 28,7% na Galiza en 2021 en comparanza co ano 2020, co cómputo de 19.587 operacións, segundo informou esta terza feira o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Esta cifra total supón o maior dato na última década. Hai que remontarse a 2010 —22.570 operacións— para atopar un dato máis elevado. Neste período houbo varios anos por baixo das 15.000 compravendas, cun 'chan' situado nas 11.966 de 2014.

Con todo, o incremento galego é inferior ao avance da media estatal, de 34,6%. A Rioxa encabeza a repunta (42,7%) nun ano de aumentos xeralizados. Na Galiza houbo 900 operacións por cada 100.000 habitantes, a cifra máis baixa no conxunto do Estado, onde a media está en 1.505.

As 900 operacións por cada 100.000 habitantes son o dato máis baixo de todo o Estado

De feito, no Estado español a compravenda de vivendas medrou 34,6% en 2021, seis puntos máis que na Galiza, cun total de 565.523 transaccións, a cifra máis elevada desde 2007.

Así, estas compravendas de vivendas repártense entre 4.692 novas e 14.895 usadas. A gran maioría das transmitidas son libres (18.857) e só 730 teñen réxime de protección.

Aliás, na Galiza transmitíronse en 2021 un total de 39.817 vivendas, desagregadas nas 19.587 citadas compravendas, 9.637 herdanzas, 9.944 no apartado "outros", 512 doazóns e 137 permutas.

Comentarios