Galiza perdeu o 15% da súa flota pesqueira nos últimos anos

A flota artesanal, con 718 embarcacións menos, e a de altura que faena en augas comunitarias, as máis afectadas
Mariñeiro en plena faena. Foto: Greenpeace

O mar na Galiza é unha fonte de emprego e de riqueza, un sector produtivo que non só se debe medir en base a estes parámetros, senón que forneceu ao longo da historia ao país dunha parte cosubstancial da súa identidade. De aí que a perda de peso da súa flota pesqueira nestes anos sexamoito máis que unha perda de empregos e capacidade produtiva.

Nos últimos anos, o censo da flota pesqueira galega perdeu 831 embarcacións, a maior parte das mesmas (718) no sector da flota de baixura ou artesanal, a que fornece de máis postos de traballo. Mais tamén se perderon barcos na flota de altura, aquela que faena en augas comunitarias, e que pasou de ser de 144 buques en 2004 a 97 en 2011. Neste grupo, o arrastre (con 46 barcos menos) foi o máis prexudicado.

Abandono da actividade

O ingreso da Galiza na UE conlevou a aplicación de fortes medidas de reestructuración da flota pesqueira, non só da que faenaba en augas 'nacionais' senón tamén nas comunitarias. De feito, boa parte das achegas europeas a Galzia van destinadas a desguaces e abandono da actividade, máis que a modernización da flota. Unha situación que padece especialmente  o sector da baixura.

Comentarios