Galiza perdeu 8.000 hectáreas de terras de cultivo en 2019

Tanto as superficies forestais como pastos aumentaron
agro rural CC BY-3.0-ES 2012EJ-GVIrekia-Gobierno VascoMikel Arrazola'

Galiza perdeu terras agrícolas ao longo de 2019, mentres que tanto as superficies forestais como pastos aumentaron, segundo os datos publicados polo Ministerio de Agricultura do Sistema de Información Xeográfica das Parcelas (Sigpac).

Deste xeito, as terras de cultivo descenderon na Galiza en perto de 8.000 hectáreas en 2019 (até un total de 310.854 hectáreas).

Porén, o total de cultivos permanentes totais aumentan lixeiramente (de 51.770 a 52.094 hectáreas), coas árbores froiteiras como maios extensión (unhas 30.000 hectáreas), seguidas das viñas (máis de 21.000 hectáreas).

En canto á superficie forestal, ascendeu en 1.000 hectáreas máis e chega xa a un total de 1.086.310 hectáreas. Este millón de hectáreas distribúense en máis de cinco millóns de recintos (o que representa máis da metade de todo o Estado).

En canto aos pastos, aumentaron unhas 7.000 hectáreas e xa alcanzan as 1.237.543 hectáreas, neste caso en case seis millóns de recintos.

Comentarios