Galiza, o terceiro territorio do Estado con máis débeda en circulación, 3.536 millóns de euros

En 2011 aumentou nun 16% e só superan o país as comunidades de Madrid e Andalucía

A débeda da Galiza en circulación acada xa os 3.536 millóns de euros, tras aumentar en 2011 en torno a un 16 por cento, segundo a Memoria do Mercado de Débeda Pública correspondente ao exercicio pasado. Esta cifra sitúa Galiza como o terceiro territorio do Estado español, despois de Madrid e Andalucía, cunha débeda máis cuantiosa.

Alén diso, a memoria especifica da emisión neta galega foi en 2011 a segunda maior de entre as comunidades autónomas (tras Madrid), con 506,9 millóns de euros

Comentarios