O déficit de Galiza até maio case dobra a media do estado español

En só cinco meses rexistrou un déficit de 405 millóns de euros, o 0,72% do PIB, case o duplo que a media estatal

Consello da Xunta
photo_camera Consello da Xunta

Só Murcia supera a Galiza en conta a territorio cun maior incremento do déficit nos cinco primeiros meses do exercicio 2013. Son datos ofrecidos polo propio Ministerio de Facenda, e nos que se sinala que Galiza rexistrou un déficit de 405 millóns de euros entre xaneiro e maio. Iso supón o 0,7% do Producto Interior Bruto (PIB) do noso país.

A media dos déficits do conxunto de territorios que integran o Estado español ronda o 0,43% do PIB, polo que o rexistrado en Galiza case é o duplo desa media.

Desde o goberno galego, e a respecto destes datos, limitáronse a sinalar que no remate do 2013 cumprirán o obxectivo de déficit, que é o 1,3%. A Consellería de Facenda atribúe este incremento a que foi quen de colocar durante o primeiro trim estre do ano a totalidade da débeda prevista para este exercicio 2013.

Xa no peche do primeiro trimestre de 2013, o déficit rexistrado por Galiza foi dosmáisaltos do Estado e atinxía o 12% do PIB.

Comentarios