Na Galiza hai 34.300 fogares sen ningún ingreso, 3.000 máis que a finais de 2017

Duplica os existentes en 2010, ano no que estaban nesa mesma situación, 17.500 fogares.

enchufe_flickr pobreza luz

No primeiro trimestre de 2018 hai en Galiza 34.300 fogares nos que ninguén dos seus membros percibe ingresos. Son case 3.000 máis dos que había a inicios de ano. A Enquisa de Poboación Activa (EPA) recolle que en Galiza había a finais de 2017 un total de 31.600 fogares que non contan con ningún tipo de ingresos.

Unha cifra que se reduce a respecto dos de trimestres anteriores (a finais de 2016 eran 34.800 os fogares nesta situación) mais que continúa moi por riba da que había vai case para unha década. De feito, case duplica os existentes en 2010. Naquel ano estaban nesa mesma situación, sen ningún tipo de ingreso 17.500 fogares.

En marzo de 2018, 46,9 % das persoas paradas con experiencia laboral carecía de prestación por desemprego e só 43 % das que si a percibían cobraban unha prestación contributiva. Os fogares con todos os seus membros activos en paro: 68.900 no primeiro trimestre de 2018 (6,3 % dos fogares galegos). Son 2.000 máis que a finais de 2017.

O paro de longa duración e a fin das prestacións por desemprego, o esgotamento das axudas..... son algúns dos factores para explicar estes milleiros de fogares que carecen actualmente dalgún tipo de ingreso. Os sindicatos levan tempo advertindo do risco de exclusión social para miles de familias. Non só para aquelas que non teñen ningún ingreso senón tamén para aqueles fogares con algún membro activo e onde todos están no paro, e mesmo daqueles cuxa subsistencia depende de salarios precarios.

Comentarios