Galiza, unha gorentosa inmobiliaria para residentes doutros territorios do Estado

A compra de inmóbeis por parte habitantes doutras comunidades xa duplica as adquisicións realizadas por persoas que viven en Galiza.

Barreiros
photo_camera Barreiros

A compra de vivendas en Galiza está liderada por non residentes, é dicer, por persoas que viven noutros territorios do Estado español e que ven nos inmobles do noso país unha oportunidade máis que atraínte. Un 20% aumentou a venda de vivendas a non residentes, operacións que representan unha porcentaxe máis que considerábel. Por cada habitante en Galiza que merca unha vivenda no país hai dous doutros territorios do Estado que adquiren un inmoble neste recuncho da Península. Son dados do informe do BBVA correspondente ao primeiro semestre do ano e citados por Economía Digital.

Así, mentres a venda de inmobles a residentes galegos incrementou nun 10,8%, esas operacións con non residentes disparouse un 20,3 por cento. Na media espñola, a compra nun territorio de vivendas por residentes noutras comunidades caeu nun 8,3 por cento. En canto a residentes doutros estados que mercaron vivenda en Galiza, foron nestes seis meses un 2% máis que no periodo anterior. Os estranxeiros que adquiriron un inmoble no Estado subeu un 7,4%.

Así pois, o mercado inmobiliario en Galiza é tremendamente sedutor para habitantes doutros territorios do Estado, que ven en Galiza unha oportunidade de adquirir vivenda.

Comentarios