A Galiza foi o sexto territorio do Estado que más fondos europeos recibiu en 2023

Recibiu 1.529 millóns desde que se puxo en marcha o Mecanismo de Recuperación.
O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda e o presidente do Goberno do Estado, Pedro Sánchez, durante a súa reunión no Palacio da Moncloa, o 28 de xullo de 2022
photo_camera O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda e o presidente do Goberno do Estado, Pedro Sánchez, durante a súa reunión no Palacio da Moncloa, o 28 de xullo de 2022

Catalunya foi a comunidade autónoma de réxime común que máis fondos europeos recibiu en 2023, 924 millóns de euros, mentres que Galicia sitúase no sexto lugar do ranking, con 310 millóns, segundo o Informe Comunidades Autónomas 2023, realizado con datos do Goberno do Estado. O informe, elaborado polo Observatorio de Dereito Público, mostra que a Catalunya lle seguen Andalucía e Madrid, con 815 millóns de euros e 619 millóns, respectivamente.

Tras elas, sitúanse o País Valencià, con 506 millóns de euros; Castela e León, con 338; a Galiza, con 310 millóns; Castela-A Mancha, con 300; Canarias, con 281 millóns de euros; Aragón, con 195; e Illes Balears; con 176 millóns de euros. Na parte baixa da táboa sitúanse Murcia, con 171 millóns de euros; Asturias, con 149 millóns; Estremadura, con 141 millóns; Cantabria, con 99 millóns; e, finalmente, A Rioxa, con 92.

Pola súa parte,os territorios con réxime especial, Euskadi e Navarra, recibiron 300 millóns de euros e 136, respectivamente. Do seu lado, as cidades autónomas de Ceuta e Melilla recibiron once e dez millóns de euros, respectivamente. O Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia repartiu un total de 5.966 millóns de euros en 2023, segundo recolle o traballo.
 

Andalucía, á cabeza do total

O informe tamén mostra que Andalucía, ao peche de 2023, é a comunidade autónoma de réxime común que máis fondos europeos recibiu desde que o mecanismo se puxo en marcha, un total de 4.077 millóns de euros, seguida de Catalunya e Madrid, con 3.963 millóns e 2.875 millóns, .respectivamente O cuarto e o quinto lugar ocúpano o País Valencià, con 2.471 millóns, e Canarias, con 1.622 millóns. Séguenlles Castela e León, con 1.621 millóns; a Galiza, con 1.529; Illes Balears, con 1.035; Castela-A Mancha, 1.308 millóns; e Aragón, con 903 millóns de euros. Á cola dos beneficiados sitúanse Estremadura, con 818 millóns de euros; Murcia, con 791 millóns; Asturias, con 638 millóns; Cantabria, con 436; e A Rioxa, con 323 millóns. Euskadi e Navarra recibiron 1.152 millóns de euros e 542 millóns, respectivamente, mentres que Ceuta e Melilla 50 millóns e 47 millóns en total.

 

Comentarios