domingo 31.05.2020

Galiza encadea 26 meses de taxas negativas en prezos industriais

Baixaron un 4,1% nos últimos doce meses. A nivel de Estado, a baixada foi do 3,6%.

Galiza encadea 26 meses de taxas negativas en prezos industriais

Galiza encadea xa 26 meses con taxas anuais en negativo en prezos industriais. Os dados relativos a setembro que vén de facer públicos o Instituto Nacional de Estatística apontan a que os prezos industriais baixaron un 1,2% no noso país entre agosto e setembro. En comparación inter-anual (setembro de 2104 e setembro de 2015) a redución foi superior ao 4 por cento: 4,1%.

Nestes doce meses a principal queda foi a rexistrada pola enerxía, cuxos prezos descenderon un 19,6 por cento. Tamén baixaron os bens intermedios. Aumentaron os prezos de bens de consumo e bens de equipo. No conxunto do Estado español a baixada nos prezos industriais foi dun 0,9% o pasado mes de setembro a respeito de agosto e dun 3,6% no que resulta da comparación con setembro do ano pasado.

comentarios