Galiza creceu por baixo do previsto e o PIB per cápita é 2.600 euros inferior á media española

O INE vén de revisar o crecemento do PIB na Galiza, reducindo o aumento de 2,7% a 2,2%, co que é inferior ao incremento medio no Estado español. 
Operarias nunha fábrica téxtil. (Inditex)
photo_camera Operarias nunha fábrica téxtil. (Inditex)

As estimacións eran que en 2019 Galiza aumentara o seu PIB, Produto interior bruto, en 2,7% mais o INE -Instituto nacional de estatística- vén de rebaixar ese crecemento a 2,2%, medio punto menos. 

O INE precisa que esta revisión estatística levada a cabo en 2019 obedece á necesidade de actualizar periodicamente as fontes e métodos de estimación empregados para a súa compilación, polo menos cada cinco anos, segundo as recomendacións realizadas pola UE.

Como consecuencia dos devanditos cambios, o INE xa anunciou a rebaixa do crecemento do PIB estatal o pasado ano, até 2,4%, dúas décimas menos que a estimación anterior, e esta sexta feira publicou as novas previsións no caso do crecemento do PIB das comunidades, cunha rebaixa da actividade en catorce delas, revisión á baixa da que só se salvaron Aragón, que creceu un 3%, medio punto máis que o estimado antes, e Baleares, cunha alza do 2,4%, dúas décimas máis. Canarias mantivo no 2,4% o crecemento con ambas as series.

Por este motivo, o crecemento do PIB da Galiza en 2018 (o 2,2%) queda finalmente en 2018 por baixo da media española (o 2,4%).

En canto ao PIB por habitante, Galiza atópase en 23.183 euros, máis de 2.500 euros por baixo da media española (25.727 euros).

Madrid rexistrou o PIB per cápita máis elevado de 2018, con 35.041 euros; seguido por Euskadi (33.223 euros) e Nafarroa (31.389 euros), os tres por riba da media estatal (25.727 euros).

Comentarios