En Galiza constituíronse en febreiro 388 sociedades mercantís, 15 menos que hai un ano

Poligono industrial (Nós Diario)

No mes de febreiro, constituíronse na Galiza 388 sociedades mercantís, 62 máis que en xaneiro, pero 15 menos que no mesmo mes do ano pasado, segundo os datos feitos públicos polo Instituto Galego de Estatística (IGE). O capital medio subscrito ascendeu a 58.779 euros por sociedade.

Así mesmo, no segundo mes do ano, ampliaron o seu capital social 139 sociedades mercantís, unha contía que ascendeu a 78,2 millóns de euros. Con respecto a un ano antes, ampliaron capital 16 sociedades menos.

20,62% das empresas creadas en febreiro en Galicia pertencen á rama do comercio, seguidas polas de hostalaría (19,07%), a construción (18,04%) e a industria e a enerxía (8,76%).

Case todas as empresas constituídas no segundo mes do adoptaron a forma de sociedades de responsabilidade limitada. Así mesmo, 74,64% dos socios son homes. En canto ao tamaño, son, por regra xeral, de tamaño moi pequeno --o 76,03% da sociedades constituídas foron creadas por un único fundador--.

Por outra banda, en febreiro de 2020 disolvéronse na Galiza 180 sociedades mercantís, 34 menos que o mes anterior e 19 menos que no mesmo mes do ano pasado. Ademais, 29 empresas reduciron o seu capital social e rexistráronse tres procesos de fusión e dúas de escisión.

Finalmente, o mes de febreiro pechou con 25 empresas afectadas por concurso de acredores, unha cifra que supón nove menos que hai un ano.

Comentarios