Galiza, á cola na aposta polo vehículo eléctrico

Só Ceuta e Melilla presentan peores datos no índice de penetración do vehículo electrificado en España no terceiro trimestre.

Recarga dun vehículo eléctrico. [Imaxe: arquivo]
photo_camera Recarga dun vehículo eléctrico. [Imaxe: arquivo]

A Galiza non lle acaba de seducir a moda do vehículo eléctrico. Así se desprende dos datos do Barómetro da Electromobilidade publicado esta quinta feira pola Asociación Española de Fabricantes de Automóbiles e Camións (Anfac), na que Galiza queda con 9 puntos á cola dos territorios do Estado español, só por diante das cidades autónomas Ceuta e Melilla.

No terceiro trimestre, o índice de penetración do vehículo electrificado en España situouse en 16,1 puntos, oito décimas por riba dos valores acadados no mesmo período do pasado ano. Segundo os datos de Anfac, Asturias (23,9), Cataluña (21,9) e Madrid (20,2) foron o territorios que lideraron a aposta por este tipo de mobilidade.  

Infraestrutura de recarga

No que atinxe á infraestrutura de recarga, os datos apenas variaron. Asturias situouse á cabeza cun grado de cumprimento de 32,5 puntos sobre 100, mentres que a última posición volveu ser para Galiza, con 5,2 puntos.  

O vicepresidente executivo de Anfac, Mario Armero, indicou que non é suficiente con poñer á disposición das usuarias plans de incentivo á adquisición deste tipo de vehículos, senón que «é preciso que as Administracións favorezan unha armonización e homoxeneidade nas políticas de mobilidade». Neste senso, apostou en «xerar certezas nos usuarios» no momento de adquirir un novo vehículo.

Comentarios