Galiza pecha 2019 como terceiro territorio no que máis baixa a produción industrial, que acusa a caída en enerxía

Instalacións de Ferroatlántica no polígono de Sabón (Arteixo)
photo_camera Instalacións de Ferroatlántica no polígono de Sabón (Arteixo)

Galiza pechou o ano 2019 como terceiro territorio no que máis baixou a produción industrial (-3,9%), só superada en negativo por Balears (-6,4%) e Asturies (-4,2%). Esta situación viuse acusada pola caída na produción de enerxía, que tivo un descenso medio o pasado ano do 21,9%.

Así, aínda que no último mes do pasado exercicio Galiza rexistrou un incremento do 5,1%, non serviu para corrixir a media anual que terminou en negativo, segundo os datos que publicou esta sexta feira o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Após experimentar un alza en novembro cunha alza na produción industrial fronte ao mesmo mes de 2018 (ao incrementar 4,2%), rachando tres meses consecutivos de caídas interanuais --agosto, setembro e outubro--, o balance do ano 2019 é en negativo.

A forte caída da produción industrial (-21,9%) e o descenso na produción de bens intermedios (-3,2%), non puido ser paliada pola produción de bens de consumo (6%), bens de consumo duradeiro (3,6), bens de consumo non duradeiro (6,2) e bens de equipo (5).

Hai que ter en conta a crise da industria electrointesiva --a que máis enerxía consome-- e, por exemplo, no mes de abril caeu a produción de enerxía un 32,5% en pleno conflito de Alcoa e Ferroatlántica con produción en mínimos desde xaneiro dese ano.

Comentarios