A galega IberAtlantic recoñece reunións con "distintas administracións públicas" interesadas na Sputnik

A figura de Pedro Mouriño e de  IberAtlantic estivo presente hai algunhas semanas nas conversas co Grupo Zendal, tamén galego, para negociar unha posible produción da  Sputnik V nas súas instalacións e, por tanto, dentro da UE.
Chegada da vacina rusa Sputnik V a Eslovaquia (Foto: Europa Press).
photo_camera Chegada da vacina rusa Sputnik V a Eslovaquia (Foto: Europa Press).

A empresa afincada en Vigo  IberAtlantic, dedicada a facilitar e intermediar a implantación de proxectos rusos no Estado español, recoñeceu que mantivo reunións con "distintas administracións públicas" interesadas na vacina Sputnik V, que aínda non conta co aval da Axencia Europea do Medicamento, aínda que se está analizando.

Así o dixo a compañía a través dun comunicado, apos se facer público o interese da Comunidade de Madrid na adquisición desta vacina a través deste fondo de investimento.

No "marco específico de negociación para a produción da  Sputnik V" en Europa,  IberAtlantic Global  Corporation mantivo "numerosas reunións e comunicacións con diferentes institucións públicas e privadas de moi distinta natureza, incluídas administracións públicas", destacan.

Con todo, subliñan, estes encontros teñen "carácter confidencial", polo que non divulgará "ningún detalle" acerca deles. "Sempre recibimos os distintos intereses que se nos expoñen respecto da vacina  Sputnik V co maior interese á vez que a máxima discreción e apertura, á fin de valorar todas as propostas", destacan.

IberAtlantic, con sede en Vigo e delegación en Madrid, é unha compañía centrada en facilitar e promover distintas iniciativas e proxectos con empresas e institucións rusas no mercado español e iberoamericano.

O seu fundador e  CEO, Pedro Mouriño, é cónsul honorario da Federación de Rusia para Galiza.

A figura de Pedro Mouriño e de IberAtlantic estivo presente hai algunhas semanas nas conversas co Grupo Zendal, tamén galego, para negociar unha posible produción da  Sputnik V nas súas instalacións e, por tanto, dentro da UE.

Comentarios