luns 06.07.2020

O futuro do Ribeiro está na internacionalización

Os viños do Ribeiro experimentaron un forte declive nos últimos 15 anos. O seu nome continúa a ser o máis coñecido, en parte por seren a Denominación de Orixe (DO) máis antiga da Galiza, mais segue a perder peso en produción e mercado. Un estudo que se presenta este sábado 8 de febreiro en Arnoia propón que a DO recupere terras e abra mercados 
Edelmiro López, profesor da USC (Arxina)
Edelmiro López, profesor da USC (Arxina)

O Consello Regulador da Denominación de Orixe (CRDO) Ribeiro solicitou un exhaustivo estudo socioeconómico e estratéxico a Edelmiro López, profesor da USC, no que participaron as tres universidades galegas. 

Para a realización deste documento actualizaron estatísticas da Xunta e do Ministerio de Agricultura a través da documentación do propio Consello. Como paso previo mantiveron reunións con adegas, sector colleiteiro e viticultor ademais de coas cooperativas. 

Unha base sólida

Na análise de partida atopáronse algúns aspectos positivos dos cos que iniciar unha futura recuperación. Edelmiro López explica a Nós Diario que na actualidade as explotacións vitivinícolas "son pequenas mais en exceso". Un 10% delas son profesionais e teñen 40% da superficie. Como segundo dato positivo o estudo salienta que xa se fixo unha reconversión moi forte das variedades de uva. "Hai 15 anos a maior parte era de variedades autorizadas, en realidade uvas de baixa calidade", explica, "hoxe en día 2/3 da uva que se produce é de variedades autóctonas como a Treixadura", engade. Con esta mellor materia prima pódense elaborar viños de máis calidade e acadar maior prezo no mercado. 

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube.

comentarios