O futuro das térmicas lonxe do carbón

Portugal e Asturias traballan xa en alternativas para as súas centrais de carbón, mentres Endesa segue sen desvelar os seus plans para a térmica das Pontes.
Central térmica de Meirama (Greenpeace)
photo_camera Central térmica de Meirama (Greenpeace)

Unha central experimental para a produción de hidróxeno. Esa é a solución na que apostaron en Portugal como alternativa ao feche dunha das súas instalacións de produción de enerxía a partir de carbón. En Asturias, o Goberno traballa en solucións encamiñadas á reactivación do sector industrial coa implicación dos empresarios e das compañías titulares das instalacións. En Escocia, Talgo levantará unha factoría nos terreos da central de Longannet co apoio das institucións locais. 

Mentres, na Galiza, Endesa adianta o feche da central das Pontes sen aclarar cal vai ser o futuro da factoría e dos centos de familias que dependen da súa actividade. En Cerceda, Naturgy xa avanzou a súa intención de crear unha pranta experimental de gas renovábel e un parque eólico onde agora se levanta a central térmica de Meirama. O Goberno de Feixoo, ao contrario que os seus homólogos de Portugal, Escocia e Asturias, agarda unha solución de Madrid incapaz de artellar propostas que revirtan a grave crise industrial que está a padecer a Galiza.  

A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios