Nestas dúas semanas ducias de empresas emprezadas en Catalunya decidiron trasladar o seu domicilio social a outro territorio do Estado. Unha mudanza que contou co apoio e beizóns do propio Estado español, que modificou a lexislación ad hoc para poñer alfombra vermella a esa marcha, consciente do impacto en pleno proceso independentista.
Alberto Núñez Feijóo sumouse entusiasta, desde Galiza, ao coro de dirixentes populares e socialistas que apontaban a eses traslados como mostra clara e irrefutábel de que o soberanismo levaba Catalunya ao desastre. O presidente da Xunta pode que non sexa o máis acaído para dar leccións neste tema. De feito, e se fai memoria, Feijóo lembrará que en 2014 o Goberno galego que el preside ordenou á Axencia Tributaria Galega que activase un plan de inspección sobre a fuga de empresas localizadas na Galiza a Madrid, atraídas pola eliminación de trabas ou a menor presión fiscal. Os resultados desa inspección non se fixeron públicos.
[Podes ler a reportaxe íntegra no número 268 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques habituais]