Fruga ve “imprescindíbel” exixir avais aos primeiros compradores

sectordoleite

Non gosta a Federación Rural Galega (Fruga) do papel que está a xogar a Comisión Nacional de Mercados e competencia (CNMC) a respecto do sector lácteo. “Defende posicións neoliberais, contra do sector produtor e consumidor”, consideran.

Desde a organización agraria critican que a CNMV se posicione contra “ calquera tipo de medida regulatoria no que respecta ás relacións comerciais entre gandeiros e industrias”. Así, poñen de exemplo que aposte por reformular a esixencia de fianza os primeiros compradores de leite de vaca, por un importe de 150.000 euros. “En Galiza, temos padecido numerosos impagamentos, por parte de primeiros compradores, que afectan negativamente ás nosas explotacións. A día de hoxe aínda hai moitos produtoras e produtores que están a sufrir os impagamentos destes operadores, como é caso de Lácteos Terra de Montes de A Estrada”.

Fruga considera imprescindíbel que se lles exixa aos primeiros compradores algún tipo de garantías. Outro dos aspectos que a CMNV non permitiu, denuncia Fruga, foi un sistema de etiquetado do leite, que identifique claramente o país de orixe da produción.

A CNMC, foi creada no ano 2013 polo Ministerio de Industria, e estase a converter nun instrumento que soamente favorece aos intereses das grandes multinacionais. Traballando diariamente para que estes grandes oligopolios teñan sempre uns beneficios considerables, aínda que sexa a conta de prexudicar seriamente a mais das 7800 familias  produtoras de leite de Galiza.

Comentarios