Fruga presenta un recurso no TSXG contra as subvencións da Xunta a organizacións agrarias

Fruga

A Federación rural galega (Fruga) vén de interpoñer recurso contencioso-administrativo contra a orde da Consellaría de Medio Rural  pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás organizacións agrarias para actividades de interese agrario.

A organización considera que , non se pode establecer como criterio para poder ser beneficiara destas axudas a condición de ter concorrido ás eleccións a cámaras agrarias provinciais que tiveran lugaren 2002, “xa que desde aquela  moitas cousas teñen mudado no campo galego, non soamente en canto ao número de profesionais agrarios mas tamén no que ten a ver coas propias organizacións agrarias que se presentaran a aquelas eleccións”.

A isto, desde a Fruga engaden que consideran “totalmente improcedente” a redacción do artigo 18 desta orde ao establecer que para poder presentar a solicitude da axuda a organización profesional agraria solicitante “teña de presentar un certificado emitido por unha organización profesional agraria a nivel estatal, de pertenza da solicitante a esta e de participara activamente nas súas actividades”. Este requisito, censura a Federación “ten un cheiro a sucursalismo e dependencia que apesta”.

Comentarios