Fruga pide unha reunión coa conselleira para procurar solucións á difícil situación do sector

Lembran que un ano despois da multitudinaria manifestación do 17 de xullo 2015 a realidade non mellorou: caída de prezos e fechamento de explotacións.

IMG_20160715_121729

O 17 de xullo de 2015 miles de gandeiros marchaban polas rúas de Compostela para denunciar a insoportabel situación que atravesaba o sector leiteiro e exixían medidas activas e solucións. Un ano despois, a realidade non variou, denuncian desde a Federación Rural Galega (Fruga), polo que solicitan unha xuntanza coa conselleira de Medio Rural para analizar a situación.

A Fruga lembra que só en 2015 tiveron que botar o fecho perto de 600 explotacións en Galiza, e que os prezos que se pagan polo leite en Galiza continúan a ser os máis baixos do Estado e Europa. De aí esta solicitude de reunión, “ucoa fin de analizar as liñas de traballo que entre todas as partes temos de pór en andamento para reverter esta situación”.

A Consellaría de Medio Rural informaba etsa semana no Parlamento de que entre xaneiro e maio 222 gandeiros abandonaron a actividade, unha media de 11 cada semana. Isto supón que só nestes cinco meses Galiza perdeu o 2,4% do total de produtores de leite, así como o 1,5% da produción láctea.

Esta redución afecta principalmente a aquelas explotacións de menor tamaño, as que producen menos de 100.000 quilos anuais. Aquí o descenso foi do 11%, unha porcentaxe que amosa o difícil da situación.

Comentarios