Fruga levará á Consellería a situación de sectores como o lácteo e o vitícola

Representantes da Federación manterán unha xuntanza de traballo en Medio Rural.

Fruga

Unha delegación da Federación Rural Galega (Fruga) manterá esta cuarta feira unha xuntanza de traballo con representantes da Consellaría de Medio Rural na que exporán a situación de diferentes sectores do agro galego. A reunión responde á petición realizada pola Federación o pasado 14 de xullo co gallo do primeiro aniversario das grandes mobilizacións do sector lácteo de 2015.

Segundo informa a Fruga, na xuntanza instará ao departamento da Xunta a dar solucións ás diferentes poroblemáticas e cuestións que hai no rural de Galiza. Enumeran a situación da próxima vendima e os contratos homologados (sector vitícola), os problemas causados pola fauna salvaxe e vias para enfrentálos, os incendios no mundo rural, os distintos criterios que ten a administración para levar a cabo as campañas de saneamentos gandeiro, o antecipo de pagamento da PAC 2016 e a representatividade das organizacións agrarias.

Comentarios