Fruga exixe explicacións a “Ternera Gallega” polo veto á súa candidatura nas eleccións ao Consello

A Federación Rural Galega solicitou unha entrevista co presidente de “Ternra Gallega”” para que explique os argumentos xurídicos desta decsión
Imaxe da I asemblea nacional da Fruga
photo_camera Imaxe da I asemblea nacional da Fruga

En febreiro deste ano, publicouse a convocatoria de eleccións para o mes de xuño de para a renovación dos órganos de dirección dos consellos reguladores de ámbito agroalimentario de Galiza. A Federación Rural Galega-Fruga “como organización constituída para a defensa dos sectores productivos agrarios galegos”, presentou, en prazo e forma as súas propias candidaturas nos consellos reguladores máis representativos do País.

 Dentro destes consellos reguladores, Fruga presentou unha candidatura a “Ternera Gaega” (TG) a través dunhas das distintas asociacións profesionais agrarias, que están integradas na propia Fruga.

 Esta organización denuncia mediante un comunicado que, o consello regulador de TG “dictou o pasado día dous de maio unha resolución pola cal a candidatura presentada pola Fruga era vetada no proceso electoral baixo argumentacións moi pouco obxectivas, xa que facía referencia a cuestións ás que nin sequera se mencionan nas

propias bases da convocatoria de eleccións”

.

En base a isto, a Fruga efectuou as oportunas alegacións e o propio consello regulador, ao non atopar argumentos xurídicos para contrarrestar estas alegacións, e “para non permitir a nosa presenza no proceso electoral, na resolución posterior, oTG declárase agora incompetente para resolver. É dicir, nun primeiro momento posicionouse en contra de que nos presentemos e agora afirma que non é quen de decidir se podemos o non presentarnos”.

Fruga afirma que a súa candidatura conta “con numerosos apoios e que privar ao preto de 7.000 explotacións inscritas en TG que escollan de maneira libre e transparente os seus representantes do censo de productores no consello regulador, por unha banda deslexitima o propio proceso electoral e por outra, obriga aos candidatos da Fruga e aos gandeiros que nos mostran, cada vez máis o seu apoio, ante estas sospeitas de fraude, a chegar ata as últimas consecuencias”.

Comentarios