Fruga di que as solicitudes en Galiza para reducir produción constantan “o fracaso” da Xunta

Reprocha a Medio Rural que non sexa quen de dar “seguridade” ao sector.

Fruga

Para a Federación Rural Galega (Fruga), que Galiza lidere no Estado o número de solicitudes de explotacións de axudas para reducir a produción de leite é unha nova mostra do “fracaso” da Xunta no que atinxe á cuestión láctea. “Galiza sitúase á cabeza tanto no que se refire ao número de solicitudes como no que ten a ver coa cantidade pola que se solicita a axuda”, recolle a Fruga, que lamenta que do total de granxas que solicitaron esta subvención “o 50% corresponden a explotacións galegas”.

A Xunta non é quen de ofrecer confianza e seguridade ao sector productor de leite da Galiza, afirma a organización agraria. “De seguir así Galiza corre o risco de deixar de liderar o sector leitero español, e este si é un liderado de prestixio, xa que de momento seguimos a estar entre as 10 rexións europeas mais produtoras da UE”.

A Fruga lembra que en Galiza é onde se cobra o prezo do leite máis baixo de todo o Estado, de ser o territorio onde máis granxas pechan ao ano, “e agora por ser a zona que mais reduce a súa produción”. 

Comentarios