Fruga denuncia que máis de 90% dos sacrificios sanitarios obrigatorios de animais son “falsos positivos”

Demanda a actualización das indemnizacións. 
Produción leiteira

A Federación Rural Galega, Fruga, demanda das administracións competentes que se faga unha actualización dos importes que se perciben polo sacrifico de animais, derivados da erradicación das enfermidades suxeitas a programas estatais sanitarios.

Neste caso, indica a Federación, na Galiza tense sacrificado un importante número de animais, como consecuencia da aplicación dos novos protocolos para erradicación da tuberculose bovina. “O resultado foi que mais de 90% tiveron a consideración de falsos positivos, xa que unha vez sacrificados  ao se lle realizar as probas post mortem o resultado foi que non estaban infectados pola tuberculose bovina, mais ao sufrir reaccións nas  de probas de saneamento feitas na propia gandería, e en aplicación da normativa obríganche a matalos, cando eran animais totalmente sans”.

Todo tipo de indemnización, explica a Fruga, ten que cubrir as perdas que sufre a explotación, co cal é preciso pagar os animais polo seu valor real, e ao mesmo tempo aplicar con maior rotundidade o lucro cesante.

Comentarios