Fruga calcula que cada mes fechan 80 granxas en Galiza polos baixos prezos do leite

A Federación sinala que o importe que se lle paga ao gandeiro segue sen cubrir os custos de produción.

gandeiros4

Por volta de 80 granxas cada mes teñen que botar o fecho en Galiza como consecuencia dos baixos prezos do leite. A Federación rural galega (Fruga) volve advertir da difícil situación que atravesan as explotacións leiteiras no país e que se traduce, afirma Elías Somoza (responsábel da organización agraria) en que cada díase ven obrigadas a fechar unha media de dúas granxas en Galiza. “É un dado indicativo da situación que se vive. E as que aínda fican poden pasar por unha situación difícil”, manifestou en declaracións recollidas por EP.

O feito de que o importe que se lle paga ao produtor non dea nin para cubrir os custos de produción está no xerme deste feche de explotacións, afirma Somoza, indicando que embora pasar xa máis de dous meses desde que se asinou o pacto de prezos en Madrid, a situación apenas variou. Así, a Fruga constanta que os prezos seguen a se mover en moitas ocasións entre “os 26 e 28 céntimos por litro”. O que non permite nin sequera cubrir custos.

A Plataforma en defensa do sector lácteo criticou recentemente que a nova conselleira de Medio Rural siga sen recibilos, embora a difícil situación que atravesan milleiros de gandeiros. 

Comentarios