venres 29.05.2020

Fruga alerta da “recentralización” agraria que procura o Ministerio coa contra-reforma da PAC

Afirma que o goberno español quere bailerar de contido as competencias de Galiza en agricultura e gandeiría e que procura ficar cos programas e fondos de desenvolvemento rural para Galiza, até agora competencia da Xunta

Agro
Agro

O Ministerio de Agricultura quere impor unha contrarreforma da PAC desde unha visión centralista e uniformadora, usurpando competencias exclusivas das Comunidades Autónomas. Así o entende a Federación Rural galega (Fruga), que nesta denuncia coincide cos gobernos de Euskadi e Catalunya.

Esta afirmación faina o sindicato após a conferencia sectorial de agricultura que tivo lugar en Madrid co fin de debater e acordar o modelo de aplicación da reforma da PAC 2015-2020 no marco do Estado español. Fruga sinala que Galiza conta cun programa propio de desenvolvemento rural, “mais agora o goberno español quere apropiarse da maioría dos programas que contemplaban o PDR galego e dos fondos que os amparaban”.

Galiza ten competencias plenas e exclusivas en materias como agricultura, gandería e monte, no marco da aplicación da política agraria no seu territorio. En igual situación están Euskadi e Catalunya. Mais mentres os gobernos destas dúas nacións “esixiron do goberno español que respecte as competencias lexislativas, executivas e de xestión que teñen transferidas en materia agrícola, o galego, parece estar de acordo coa usurpación das competencias que Galiza ten”

Fruga alerta da “recentralización” agraria que procura o Ministerio coa contra-reforma...
comentarios