Fruga acusa o Consello agricultura ecolóxica de excluíla das eleccións e “amañar” o proceso

A Federación afirma que candidaturas que terían incorrido nas mesmas circunstancias que anularon a da Fruga “son finalmente aprobadas polo Consello Regulador”.

Feira na Eira da Xoana
photo_camera Unha feira de produtos ecolóxicos

A Federación Rural Galega denuncia a anulación da súa candidatura ás eleccións do Consello regulador da agricultura ecolóxica (Craega) embora ter presentado esta “en tempo e forma”.  A exclusión dos censos electorais dos e das produtoras que comercializan directamente as súas producións, indica nun comunicado esta organización, estaría no albo desta anulación. Mais, sempre segundo a Fruga, esa circunstancia tería  tería afectado tamén outra candidatura.

Ambas as dúas presentaron un recurso solicitando a aprobación da súa lista, recurso que só tivo efecto para unha das candidaturas, non para a Fruga. “Esta dupla vara de medir evidencia a clara predisposición desde o primeiro momento de evitar a nosa concorrencia e voltar a repetir un Consello de “caladiños/as” a semellanza dos anteriores”.

Fruga explica que moitos dos inscritos neste Consello souberon das eleccións polas denuncias públicas realizadas por esta organización. “Desde o Craega  non se fixo o mais mínimo esforzo por publicitar o proceso”.  Desde o sector de produtores e produtoras ecolóxicas integrados na Fruga avanzan que van seguir a reclamar un Consello Regulador “que defenda os intereses dos labregos e labregas fronte a industria e a grande distribución, que pouco a pouco e con a complicidade das formacións pactistas se están a facer donas dun Consello cada vez mais alonxado da actividade agraria e quen a exercemos”.

Comentarios