Fruga acusa Medio Rural de porse “medallas” mentres en 2017 tiveron que fechar 424 explotacións

Critica que a Consellaría presuma dunha suba no prezo do leite cando seguimos a ter “os máis baixos de todo o Estado” e continúan o fechar explotacións.

sectordoleite

As declaracións da conselleira do Medio Rural pabenizándose da suba do prezo do leite en Galiza non poden para a Fruga ser cualificadas máis que como “propaganda”. A Federación Rural Galega lembra que durante 2017 o sector lácteo galego “sufriu os prezos mais baixos de todo o Estado español, o cal levou consigo que un importante número de explotacións lácteas tiveran que pechar as súas portas”.

A media do Estado estivo en 0,334 euros no mes de novembro mentres en Galiza ese prezo foi de 0,32. “Non pode utilizar a escusa de que a causa do baixo prezo do leite en Galiza teña a ver con as calidades en graxa e proteína, xa que Galiza está ao mesmo nivel que a media do Estado español”.

O abandono de explotacións lácteas en Galiza foi moi superior o resto do estado. Durante o ano 2017,  424 ganderías galegas de leite pecharon as súas portas, o que representa  57% do total do Estado español. Unha vez mais somos os últimos no prezo do leite, e os primeiros no número de peches.

Galiza dende o ano 2013 o 2016 Galiza perdeu 33000 hectáreas de superficie agraria útil, lembra a Fruga, que considera que a política agraria da Consellería do medio rural, “está destinada principalmente a favorecer os intereses de empresas como ENCE, favorecendo e incentivando as plantacións de eucaliptos, e eliminando unha importante cantidade de superficie agraria útil”.

Comentarios