Fronte a Eólica Así Non, a patronal crea Vientos con Futuro

A Asociación Galega Eólica alenta a iniciativa e critica que a moratoria actual "non é boa para Galiza". Con todo, espera que se recupere a actividade para crear 6.000 empregos nunha década.
Parque eólico da enerxética galega en Vimianzo. (Foto: Greenalia)
photo_camera Parque eólico de Greenalia en Vimianzo (Foto: Greenalia).

Unha plataforma para concienciar sobre a importancia da enerxía eólica. Esta é a vocación de Vientos de Futuro, unha proposta  apoiada por entidades como a Asociación Galega Eólica e que busca aumentar en 5.000 megawatts a capacidade galega en 2030 (uns 500 megawatts ao ano).

A plataforma deuse a coñecer hoxe en Compostela  da mana da Asociación Empresarial Eólica ( AEE), principal impulsora e representante de 90% do sector en España, Talento para a Sustentabilidade, a Fundación para a Investigación do Clima (FIC) e Nova Economía e Innovación Social (NESI).

Novos empregos

O presidente da Asociación Galega Eólica, Manel Pazo, destacou que ese impulso de 5.000 megawatts suporía duplicar a actual capacidade eólica e crear 6.000 novos empregos na Galiza na próxima década, de maneira que se alcancen un total de 12.000 postos de traballo.

A respecto diso, subliña a relevancia da eólica galega en España, dado que os 316 millóns que xerou en 2021 tradúcense na achega ao PIB máis alta nunha comunidade. Actualmente, hai uns 5.800 postos de traballo en máis dun centenar de empresas galegas. Existen 180 parques nuns 100 concellos. Agora o reto é reducir o 70% da enerxía primaria que importa Galicia, que se trata de combustíbeis fósiles, para convertela en renovábeis.

A moratoria, mala para a Galiza

Tras os dous últimos anos "un pouco parados" e nun contexto de moratoria da Xunta a novos proxectos, Pazo espera poder "recuperar a actividade", aínda que recoñece escaso diálogo actual co Goberno galego para coñecer a súa futura planificación. "Estamos niso, non podemos dicir que as relacións sexan  hiperfluidas", afirma.

Sobre ese punto, o presidente da Asociación Galega Eólica asegurou que esa moratoria "non é boa para a Galiza" ao ser a "primeira moratoria en España". Ademais, chama a atención acerca de que a eólica é complementaria dos fondos Next  Generation para proxectos como os de hidróxeno verde.

Protestas cidadás

A preguntas da prensa sobre as diferentes protestas veciñais que se producen na Galiza contra a instalación de parques eólicos e o seu impacto no territorio, Manel Pazo relata que onde xa hai parques instalados non se aprecian problemas, senón nos de novo desenvolvemento.

Recoñece que nesta situacióninflúe que "se abriu o saco de presentar proxectos en todos os lados", tanto a nivel territorial como estatal, aínda que avisa de que só se vai a poder realizar "20% do presentado". Por parte de Vientos de Futuro apélase a "escoitar a todo o mundo" na procura de consensos.

No tocante á denuncia de colectivos da fragmentación de parques como modo de facer de forma legal  macroproyectos eólicos, Pazo admite que "hai un baleiro legal que teñen que solucionalo os ministerios e autonomías".

Paralelamente, expón que o sector supón uns 120 millóns anuais en recadación de impostos na Galiza. Destaca os 23 millóns anuais de canon eólico, o maior de España, segundo resalta.

Obxectivos

Pola súa banda, o portavoz da plataforma Vientos de Futuro, Carlos  Martí, destacou que os obxectivos son "sumar forzas" para combater o cambio climático a través dun modelo enerxético máis sostíbel de maneira que se traballe de forma consensuada para cumprir os obxectivos do Plan Nacional de Enerxía e Clima (Pniec), polo cal a xeración eléctrica mediante enerxía eólica debe chegar a 35% ao final da década -desde 23% actual-.

Entre outras oportunidades, referiuse ao Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (Perte) para as renovábeis, que contará con 16.000 millóns de euros para España, con atención á electrificación do transporte, redución de presenza de petróleo e hidróxeno verde.

Comentarios