Fomento suprimirá a peaxe de Rande mais repercutirá o seu custo no resto de persoas usuarias

Fomento non engana: a finais do ano pasado xa advertía que desbotaba asumir a bonificación da peaxe a Redondela. O presidente da Xunta pedíralle ao ministro que o estado se fixese cargo desta peaxe. O goberno central deixou claro xa daquela que non contemplaba esa opción.

Agora, Fomento anuncia que libera a peaxe deste tramo da AP9, Redondela-Vigo, mais o importe das tarifas deste tramo vano pagar as persoas usuarias do resto de tramos da autoestrada. Audasa nunca perde: o que deixa de ingresar pola liberalización do tramo de Redondela ingrésao repercutíndoo no prezo de restos de tramos da principal vía terrestre de conexión do país.

O tramo que vai liberarse é de apenas uns tres quilómetros e o seu custo é de 90 céntimos. Miles de persoas tiñan que optar por esta vía para optar por dar grandes rodeos. Após a gratuidade de portaxes na AP9 nos tramos da Coruña e Barcala e do Morrazo e Vigo, o de Redondela era unha demanda crecente. Demanda que ten resposta agora, mais optando

Comentarios