Fomento reduciu os investimentos en Galiza en 96%

Pasou de 289 millóns de euros en 2016 a menos de 12 millóns en 2017, denuncian os socialistas.

obras AVE

Hai una importante caída dos investimentos do Ministerio de Fomento en Galiza,  que pasou de 288,6 millóns de euros en 2016 a 11,6 en 2017, un 96 por cento menos. Esta foi a denuncia que realizou realizou hai uns días en sede parlamentar s portavoz de Obras Públicas do grupo socialista, María Pierres. A deputada advertiu que  nos dous últimos anos deixaron de executarse 1.300 millóns de euros en Galiza, “o equivalente a 15.000 postos de traballo”.

Pierres citou os datos da Federación Galega da Construción, quen apunta o “desplome” da licitación de obra pública en Galiza, pasando de 500 millóns en 2016 a pouco máis de 100 en 2017, mentres Seopan (patronal da construción) apunta que o Estado licitou en Galiza menos do 3 por cento do total do Estado.

De por parte, a portavoz de Economía do BNG, Noa Presas, denunciou tamén esta semana  o que considera unha dupla discriminación orzamentaria do Estado con Galiza: Inviste menos que hai unha década e, deixa sen executar unha parte moi significativa do presupostado. De feito, só no bienio 2015-2016 “esa falta de execución fixo perder a este país 996 millóns de euros consignados para as obras do AVE”.

Neste contexto,o BNG pregunta pola comisión de seguimento da execución dos orzamentos do Estado en Galiza anunciada polo propio presidente da Xunta en sede parlamentaria. “O agravio era tan escandaloso que non tiveron mellor ocorrencia que anunciar no pasado mes de abril a creación dunha comisión de seguimento para fiscalizar a execución orzamentaria Goberno central, aínda que o de facer seguimento e fiscalizar os compromisos do Estado, debera irlles no soldo”, salientou.

Comentarios