Folga no comercio vario da Coruña para frear a precarización laboral

O paro afecta a todo o comercio vario e a estabelecementos de grandes grupos como Inditex, Cortefield, Dielectro ou Kilovatio. A greve -convocada pola CIG, CC OO e UGT- estase a desenvolver no inicio das rebaixas e está a ter unha especial incidencia nas cidades.

Folga comercio

O comercio vario da provincia da Coruña está en folga neste 1 de xullo, coincidindo co inicio das rebaixas. Unha protesta que está a ter especial incidencia nas cidades. O obxectivo desta folga é para denunciar o bloqueo da negociación do novo convenio colectivo e para denunciar as pretensións da patronal de aplicar “brutais recortes salariais e laborais”.

Convocado por CIG, CCOO e UGT, este paro é unha loita contra a precarización. As propostas da patronal:As propostas do empresariado suporían a redución nun 10% dos salarios, a supresión da paga extraordinaria de marzo, a desaparición das categorías e a mobilidade absoluta do persoal, o desprazamento obrigatorio nun radio de 50 km, a eliminación dos calendarios de traballo anuais, o estabelecemento dun 15% de xornada non regulada ao ano ou a diminución da porcentaxe mínima de persoal indefinido.

Medidas que constitúen un “recorte brutal das condicións salariais e laborais” dun sector que xa parte dunha situación de marcada precariedade. Así o denunciou o responsábel de comercio de CIG-Servizos Roberto Pérez, quen lembraba que por mor da demora nas negociacións o persoal do grupo Inditex viu conxeladas as súas remuneracións durante todo o 2012 “a pesar dos enormes beneficios que obtivo a empresa”. Aliás, a limitación da ultraactividade ameaza con deixar sen vixencia este convenio en poucas semanas.  

Comentarios