Folga indefinida na recollida de lixo en Vigo contra a precariedade laboral

folga indefinida a partir do 30 deste rexeitar a proposta da empresa depor empeorar as condicións laborais no convenio colectivo. Dende o comité denuncian que a empresa FCC quer reducir salarios e ampliar a xornada malia ter beneficios económicos após incrementar o canon municipal en seis millóns de euros.
Folga do lixo en Vigo

O cadro de persoal da concesionaria municipal da recollida de lixo en Vigo acordaron por unanimidade mobilizacións, alén dunha folga indefinida. Os responsábeis sindicais indicaron que a convocatoria de folga decidiuse tras manter oito xuntanzas coa dirección dende o pasado 9 de xaneiro nas que se achegan unhas propostas “que consideramos inasumíbeis”. Neste senso, sosteñen que intentaron até o último momento chegar a un acordo que evitase un conflito “que nos afecta dobremente, como cidadáns e como traballador@s”.

Así, indican que as propostas da patronal pasaban por " recortar os complementos que ingresamos por incapacidade temporal, xa que pretenden que non cobremos nada os tres primeiros días de baixa e só o 60% a partir do cuarto día”. Esta é unha cuestión moi importante para eles tendo en conta que se trata dun colectivo que desenvolve o seu labor á intemperie, suxeito polo tanto ás inclemencias meteorolóxicas.

Outro dos cambios que pretende a dirección pasa por conxelar a antigüidade, aliás de incrementar xornada laboral en dúas horas e media á semana. Ao mesmo tempo, os arredor de 550 empregad@s de FCC tampouco están dispostos a asumir ningunha modificación que supoña perda de poder adquisitivo, polo que reclaman unha pequena subida salarial. “Pedimos o IPC, cando no prego de condicións do servizo figura o IPC máis punto e medio”.

Comentarios