Folga indefinida dos bombeiros de Veicar Coruña

Os novos horarios que quere impor a concesionaria, que rexenta 7 parques na provincia coruñesa, foi a pinga que motivou a protesta dos traballadores

Os bombeiros da empresa Veicar, concesionaria de sete parques na provincia da Coruña, deron comezo a unha folga indefinida, unha protesta coa que toman o relevo dos peches en instalacións que protagonizaron en días pasados. O motivo da folga reside, sinalan do comité de empresa,no novo horario que quere impoñer a compañía e que consideran inasumíbel. Tamén afirman que están dispostos a poñer máis denuncias contra Veicar (en xuño puxeron máis dun cento).

Os traballadores levan tempo denunciando a precariedade de condicións coa que teñen que desenvolver a súa labor, incidindo especialmente no corto do cadro de persoal, entre outras cuestións.

Comentarios