O FMI cuestiona a viabilidade dun terzo dos bancos europeos e do 20% dos estadounidenses

Recomenda melloras que garantan que estas entidades sexabn quen de xerar “beneficios sotíbeis”.

Fondo Monetario Internacional FMI IMF

Estados Unidos inxectou durante a crise por volta de 700.000 millóns de euros na súa economía, boa parte deles para bancos, coa finalidade de evitar o seu colapso. A Europa do euro destinou unha cantidade semellante a resgatar o seu sistema financeiro, 770.000 millóns de euros, o 8% do seu PIB.

Após estes inxentes desembolsos, e as consecuencias que os mesmos tiveron nas sociedades deses estados, o Fondo Monetario Internacional (FMI) vén de afirmar que o 30% dos bancos europeos e o 20% dos estadounidenses non son viábeis. Afirma que case un de cada tres entidades financeiras en Europa van ser febles e “incapaces de xerar beneficios de forma sostíbel”. Acumulan uns 7,6 billóns de euros.

Na mesma situación estarían para o Fondo Monetario Internacional o 20 por cento dos bancos de Estados Unidos, que posúen uns activos valorados en 3,2 millóns de dólares, o que equival a uns 2,8 millóns de euros.

Os datos foron ofrecidos por Peter Dattels, subdirector do Departamento de Asuntos Monetarios, durante a presentación do informe de estabilidade financeira global. Dattels advertiu que unha recuperación cíclica, na que haxa suba das taxas de xuro e baixen as previsións “pode axudar” a mellorar a situación mais non vai ser “abondo”. A rendabilidade sobre recursos propios dos bancos recuperouse só nunha parte durante a crise, afirma o FMI, que considera “improbábel” que a maior parte das entidades volva a niveis pre-crise como consecuencia do novo marco regulatorio.

Comentarios