Fiscalía Anticorrupción abre dilixencias por posíbeis delitos en Bankia

Investigará os pasos dados na fusión das sete caixas de aforros que conforman Bankia, así como na saída a Bolsa e a posterior nacionalización da entidade financeira

A Fiscalía Anticorrupción vén de anunciar que o pasado 28 de maio abriu diliencias sobre posíbeis delitos en Bankia. Trataríase de averiguar o acontenido na fusión das sete caixas de aforros que conforman Bankia, así como na saída a Bolsa e a posterior nacionalización da entidade.

Os fiscais encargados do caso, Alejandro Luzón e Luis Rodríguez Sol,xa solicitaron ao Banco de España e á Comisión Nacional do Mercado de Valores, así como a Bankia, diversa documentación e información.

O fiscal xeneral recoñece que "existe unha demanda social para que as actividades (das entidades bancarias) sexan investigadas", mais engade que "aínda que non houbese unha demanda social", o asunto "merece dita investigación".

Comentarios