domingo 12.07.2020

As firmas de xogo non temen a Garzón

O novo ministro de Consumo, Alberto Garzón, ten entre os retos para o seu mandato endurecer a lexislación do xogo e frear a proliferación das casas de apostas, unhas medidas que de momento non preocupan ás galegas Luckia e Comar.
Casa de apostas de Luckia
Casa de apostas de Luckia

A composición do novo Executivo de coalición do Goberno español xerou moita expectación, non tanto polo que se fixo agardar, senón máis ben polo reparto de carteiras ministeriais. Os focos estaban postos nas deputadas e deputados de Unidas Podemos. Finalmente desveláronse as incógnitas e Traballo recaeu na galega Iolanda Díaz, que terá por diante a complicada misión de velar polo mantemento do emprego nunha Galiza inmersa nunha profunda crise industrial.

Pero non é o único cargo da coalición morada do que depende o futuro de moitas familias no país. Alberto Garzón, o coordinador xeral de Izquierda Unida, levará a carteira de Consumo, que terán entre as súas principais tarefas regular o sector dos xogos de azar para previr e frear a ludomanía. Comar e Luckia (a antiga Egasa) son dous xigantes do sector que, de momento, non parecen estar preocupados polos cambios que se aveciñan. 

O presidente de Luckia, José González recoñece, en declaracións a Nós Diario, que non existe "ningún motivo de alarma". Respecto a Garzón, afirma que ten del "a mellor impresión" e confía "no seu bo facer".

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

comentarios