41 das 53 comarcas galegas non atinxen a media da renda ‘per cápita’ de Galiza

O produto interior bruto por habitante é inferior aos 20.000 euros. Só 12 comarcas do país igualan ou superan esa riqueza por persoa. A gran maioría (41) non chegan a eses 19.599. E hai fendas abismais entre bisbarras.

Vigo xente
photo_camera Vigo

A renda ‘per cápita’ en Galiza é de 19.599 euros, unha cifra que só acadan ou superan 12 das 53 comarcas galegas e 41 dos 313 concellos do noso país. Das comarcas que non chegan á medida do PIB por persoa, un total de 41, 13 son da provincia de Pontevedra, 11 de Lugo, 9 de Ourense e 8 de Pontevedra. A Galiza de dúas velocidades, mais non referida ás provincias senón nas comarcas, con algunhas superando moi amplamente eses 19.599 euros anuais de renta per cápita que é a media galega e outras ficando moi por baixo.

Segundo os dados oficias, a comarca de Eume é a quen un PIB por habitante maior, 44.215 euros. Supón duplicar a media galega. E cinco veces a riqueza da comarca que ten unha renda per cápita máis baixa, A Baixa Limia, onde é de 8.640 euros anuais por persoa.

Ademais, e no que respecta ao periodo de 2010 a 2012, só 8 das comarcas galegas rexistran crecemento en termos nominais. No extremo oposto temos 33 comarcas que rexistraron un crecemento inferior á media galega neste período (que foi dunha queda do 4,1%)

Concentración

Ademáis, o PIB da comarca da Coruña foi de 10.276 millóns de euros en 2012, isto é, nesta comarca xerouse o 18,9% da actividade produtiva de Galiza. Na de Vigo o PIB ascendeu a 9.444 millóns de euros, o que representa o 17,4% do total. As seguintes, en orden de magnitude, son as de Santiago, Ourense, Ferrol, Lugo e Pontevedra. Nestas sete comarcas achegan o 64,2% do PIB total de Galicia. As outras 66 achegan o 35 por cento restante.

Fenda co Estado e coa UE

Cómpre lembrar que o PIB por habitante en Galiza segue afastado tanto do promedio europeo coma do español, como confirmaron este mesmo ano os dados de Euostat, a Oficina de estatística comunitaria. Se a media de renda per cápita na UE é 100, Galiza fica no 83% desa riqueza, o que significa 17 puntos menos. O PIB por habitante en Galiza fica lonxe tamén da media do estado español. Se este é 100, nós estamos no 94, seis puntos menos. 

Comentarios