A filiación á Seguridade Social medra na Galiza por baixo da media española

Doce comunidades rexistran mellores parámetros que o noso país, cuxo medre en SS é case un punto inferior á do Estado.

Desemprego

A filiación á Seguridade Social aumentou en Galiza nos últimos doce meses en 21.558 persoas, un 2,29% máis neste agosto que respeito o mesmo mes do ano pasado. Mais ese incremento fica por baixo da media española no mesmo período, que foi do 3,19%. De feito, 12 comunidades do Estado rexistraron nestes doce meses un maior aumento da filiación á Seguridade Social que o noso país. Só catro tiveron un peor comportamento nese mesmo período.

12 comunidades do Estado rexistraron nestes doce meses un maior aumento da filiación á Seguridade Social que o noso país

Desde diferentes entidades e organizacións tense denunciado a “desconexión” que se corre o risco de dar entre a economía galega a respeito da do Estado español, algo que ten constatado o menor medre do PIB galego en comapración co español, unha fenda que non mingua.

O PIB medra no Estado o triplo

O PIB (Produto interior bruto) galego medrou no primeiro trimestre deste ano un 0,5% en relación co último trimestre de 2014, un aumento que no conxunto do Estado español case chega a 1%, ficando nun 0,9 por cento. Se a comparación da evolución do PIB galego entre xaneiro e marzo de 2015 facémola, non cos últimos 3 meses de 2014, senón cos tres primeiros dese ano, a fenda aínda é máis grande: nestes 12 meses o PIB galego medrou un 0,9%, mais no conxunto do Estado foi do 2,7%.


 

Comentarios